Feijoo entra na campaña das eleccións catalás e dille a Artur Mas que "é moito máis doado axitar as bandeiras que pagar as facturas"
Fálase
O Blusens Obradoiro cae ante o CAI Zaragoza 76-58 pero mantense na zona alta da clasificación con catro vitorias e dúas derrotas. Kendall foi o mellor dos galegos con 19 puntos.
A detención e entrega de Aurore Martin a España indigna o País Vasco francés. Un texto asinado por todos os partidos pide o "regreso" da exmilitante francesa de Batasuna. Mélenchon cualifica de "escándalo" o sucedido.
Angela Merkel pide "cinco anos máis" de esforzo e de austeridade: “Precisamos de austeridade para convencer o mundo de que paga a pena investir en Europa”, dixo nun acto da CDU no que tamén afirmou que Europa está lonxe de superar a crise.
O libro sobre o bicentenario do cemiterio de San Amaro saca á a luz unha acta municipal de 1923 que ordena eliminar toda memoria de Porlier e ocultar as súas cinzas no camposanto popular
Nos Estados Unídos a dous días das eleccións Obama mantén unha franca ventaxa sobre Romney nos estados clave, mesmo cunha situación de empate nos votos populares. As sondaxe amosan que os demócratas manterán a súa maioría no Senado pero seguramente non recuperarán o control do Congreso.
Unha nova sondaxe electoral en Catalunya, desta volta publicada por El Periódico, reafirma a posición de CiU próxima á maioría absoluta e presenta a PP e ERC moi preto do PSC, que caería dez escanos. O 51% dos cataláns están a favor da independencia pero só o 40% optaría por esta opción se implicase a saída da UE
As traballadoras de Alfageme proseguirán coas súas protestas o vindeiro luns, 5 de novembro, no mesmo día no que o Igape celebrará a mesa na que se procederá a abrir as ofertas presentadas polo Consorcio, Pescamar e Coswinga co obxectivo de adxudicar as fábricas desta compañía en Ribadumia e Vilaxoán.
O Celta caeu no Camp Nou 3-1 ante o Barça. Bermejo marcou para os celestes e Villa, Adriano e Alba para o Barcelona
O Tyresö, comandado pola galega Verónica Boquete, proclamouse campión da Liga sueca de fútbol feminino ao vencer 0-1 na casa do líder até hoxe, o Malmö.