As traballadoras de Alfageme proseguirán coas súas protestas o vindeiro luns, 5 de novembro, no mesmo día no que o Igape celebrará a mesa na que se procederá a abrir as ofertas presentadas polo Consorcio, Pescamar e Coswinga co obxectivo de adxudicar as fábricas desta compañía en Ribadumia e Vilaxoán.
Fálase
O Celta caeu no Camp Nou 3-1 ante o Barça. Bermejo marcou para os celestes e Villa, Adriano e Alba para o Barcelona
O Tyresö, comandado pola galega Verónica Boquete, proclamouse campión da Liga sueca de fútbol feminino ao vencer 0-1 na casa do líder até hoxe, o Malmö.
A CNT de Compostela organiza un ano máis as súas Xornadas Libertarias, que chegan á súa XX edición. Entre o 5 e o 9 de novembro haberá relatorios e debates sobre sexualidade, sociolingüistica, cooperativismo ou soberania alimentaria.
Os antidisturbios de Madrid refórzanse con 378 axentes nunha nova sección policial denominada Unidad de Prevención y Reacción
Alícia Sánchez-Camacho aplaude Duran i Lleida por "desmontar a estratexia de CiU" despois de afirmar que o sentimento independentista non é maioritario. Pola súa banda, Oriol Junqueras, aconsella a Mas que non se "fíe" de Duran.
A Audiencia de Barcelona ordena reabrir a causa contra os Mossos polo desaloxo violento de Plaça Catalunya despois do 15-M
ElPeriódico entrevista o xornalista grego Kostas Vaxevanis, que denuncia as presións recibidas por publicar a súa reportaxe e di que mesmo entraron na súa casa para matalo
Os Mossos levan 10 meses de folga de celo polos recortes. No que vai de ano as multas de tráfico caeron un 57%.
A Xunta ordena embargos a 285 pacientes sen cobertura que non pagaron os seus gastos sanitarios. Estas débedas suman máis de 250.000 euros