A Xunta ordena embargos a 285 pacientes sen cobertura que non pagaron os seus gastos sanitarios. Estas débedas suman máis de 250.000 euros
Fálase
A vindeira semana presentarase en Francia o proxecto de lei para aprobar o matrimonio homosexual e a adopción para estas parellas. Seis de cada dez franceses está a favor do matrimonio gai e cinco de cada dez apoian a adopción.
The Guardian apoia nun editorial a Obama, claro favorito para revalidar a presidencia despois do bos datos de paro coñecidos este venres. Mesmo asi, é o presidente que intenta a súa reelección coa máis alta taxa de desemprego dende Roosvelt.
Un grupo de empresarios autónomos mobilizase para denunciar os recortes e apoiar a folga do 14N na web empresarioscontralosrecortes.com
Anonymous ameaza con acabar con Facebook este luns 5 de novembro, aniversario do intento de Guy Fawkes de voar o Parlamento británico. Anonymous protesta contra o despido de 100 empregados da firma de videoxogos e aplicacións Zynga e a intención de Facebook de despedir outros mil.
O Goberno ultima un acordo para reducir as pontes festivas. Prevé que estea listo antes de fin de ano e pretende facer "máis eficaz" o calendario laboral.
O Goberno de Mariano Rajoy incrementará o número de altos cargos no 2013. O pasado ano reduciraos nun 10% e prometera limitalos nun 25%. 68 dos 245 asesores do presidente non teñen o graduado escolar.
Difunden en Internet un Manual de Instrucións para a Folga Cidadá. Nel indícase como actuar o 14N para "parar todo" con motivo do paro xeral convocado.
O Goberno admite o fracaso da normativa de desafiuzamentos e dá luz verde a que se reforme axiña. Pretende dar solucións "máis eficaces" aos desaloxos por impago.
O Consello de Ministros tratou poucos asuntos de importancia. Na rolda de prensa Soraya Sáenz de Santamaría eludiu contestar se España negaría o ingreso de Catalunya na UE, alegando que se trata dunha hipótese demasiado "trascendente". En canto a unha posible ilegalización de EH-Bildu, afirmou que a avogacía do Estado estuda o caso e que "no momento no que se considere" que vulnerou a Lei de partidos, "actuará".