O Consello de Ministros tratou poucos asuntos de importancia. Na rolda de prensa Soraya Sáenz de Santamaría eludiu contestar se España negaría o ingreso de Catalunya na UE, alegando que se trata dunha hipótese demasiado "trascendente". En canto a unha posible ilegalización de EH-Bildu, afirmou que a avogacía do Estado estuda o caso e que "no momento no que se considere" que vulnerou a Lei de partidos, "actuará".
Fálase
Jill Stein, candidata do Partido Verde nas eleccións presideciais norteamericanas, foi detida por segunda vez na campaña. Stein achegouse a un grupo de activistas nunha vila de Texas que levan 40 dias subidos a unhas árbores para protestar contra a instalación de gasoductos.
O 26% dos vascos prefire un pacto entre PNV e EH Bildu, mentres que o 22% opta por un acordo PNV-PSE e o 23% está a favor de que Urkullu goberne en solitario, segundo unha sondaxe postelectoral elaborada polo Goberno vasco. Os votantes do PNV apostan por un pacto con Bildu -32%- por riba dun goberno en solitario -29%-
A Federación Holandesa de Fútbol difunde un spot para animar os futbolistas a saír do armario
Stiglitz cre que "coas políticas de Europa e España non hai luz ao final do túnel". Nunha entrevista á revista Capital, o premio Nobel de Economía considera o futuro do Estado "moi preocupante".
Xa se pode entrar en Mega, a web sucesora de Megaupload. Porén, o servizo non comezará até o 19 de xaneiro. O seu dominio será me.ga
O Goberno quere prohibir aos funcionarios xubilarse antes dos 65 anos. Será unha das súas propostas para reformar o sistema público de pensións.
Segundo Cinco Dias, o Banco de España propúxolles ás entidades bancarias que participarán no banco malo que merquen as participacións preferentes dos bancos nacionalizados cunha quita do 50% e as troquen por accións. Bancos e afectados opóñense a esta proposta.
Expansión publica este venres que Novagalicia Banco planea despedir 2.000 empregados, un 21% do seu cadro de persoal. Tamén afirma que a UE impón que estas entidades despidan coa indemnización que permite a reforma laboral: 20 días por ano traballado e un máximo de doce mensualidades.
PP e PSOE xa pensan en volver cambiar a lei electoral para favorecer o voto emigrante. Os dous partidos cren que "non houbo abstención" na diáspora senón "imposibilidade de exercer un dereito". Cóntao El País.