O Goberno quere prohibir aos funcionarios xubilarse antes dos 65 anos. Será unha das súas propostas para reformar o sistema público de pensións.
Fálase
Segundo Cinco Dias, o Banco de España propúxolles ás entidades bancarias que participarán no banco malo que merquen as participacións preferentes dos bancos nacionalizados cunha quita do 50% e as troquen por accións. Bancos e afectados opóñense a esta proposta.
Expansión publica este venres que Novagalicia Banco planea despedir 2.000 empregados, un 21% do seu cadro de persoal. Tamén afirma que a UE impón que estas entidades despidan coa indemnización que permite a reforma laboral: 20 días por ano traballado e un máximo de doce mensualidades.
PP e PSOE xa pensan en volver cambiar a lei electoral para favorecer o voto emigrante. Os dous partidos cren que "non houbo abstención" na diáspora senón "imposibilidade de exercer un dereito". Cóntao El País.
Porto Rico decidirá o martes o seu futuro. Coincidindo coas eleccións presidenciais nos Estados Unidos, os habitantes decidirán se se integran totalmente no pais norteamericano como o seu estado 51, se se independizan totalmente, ou se manteñen a súa situación actual de independencia light na forma de estado libre asociado.
O alcalde de Nova York, Michael Bloomberg, anunciou este xoves o seu apoio a Barack Obama nas eleccións presidenciais. Eloxia o papel de Obama na xestión da catástrofe do Sandy
O xornalista grego Kostas Vaxevanis foi absolto polo tribunal. Vaxevanis foi xulgado por revelar unha lista de supostos evasores fiscais
As autoridades marroquís impediron pola forza unha manifestación en El Aaiún organizada por independentistas saharauis con motivo da visita do Enviado Especial do Secretario Xeral da ONU para o Sáhara Occidental, Christopher Ross.
A cinco dias das eleccións presidenciais as sondaxes amosan que Obama domina con claridade na meirande parte dos estados clave, comenzando por Ohio, onde ten cinco puntos de vantaxe. The New York Times dálle ao actual presidente un 79% de probabilidades de vitoria.
Promotores e construtores fan pública a súa alarma polos descontos previstos no banco malo. En calquera caso, segundo os expertos, "vai pasar tempo até que os activos estean á venda".