Promotores e construtores fan pública a súa alarma polos descontos previstos no banco malo. En calquera caso, segundo os expertos, "vai pasar tempo até que os activos estean á venda".
Fálase
Ingresa en prisión Julio César Sayans Suárez pola súa presunta pertenza a Resistencia Galega. O detido negouse a declarar esta mañá ante o xuiz da Audiencia Nacional Eloy Velasco.
Ducias de zombis invaden a Complutense en defensa da Universidad Pública nun flashmob que naceu do artigo de opinión publicado en El País titulado Los Zombis de la izquierda.
Apple pode ter problemas para usar a marca iPhone en México. A compañía mexicana iFone foi rexistrada en 2003 e produce software para call centers.
O 62% dos estadounidenses é usuario multitarefa: ve a televisión mentres usa un smartphone, portátil ou tableta.
@kurioso analiza no seu blog a achega de 20 millóns de euros que Amancio Ortega anunciou que realizará a Cáritas e as criticas que recibiu cando sinalou que iso supón o 0.05% dos seu patrimonio.
Italia suprime 35 provincias para aforrar 40 millóns de euros ao ano. A cambio rebaixarase a presión fiscal sobre o traballo.
Técnicos do FMI xa están en Portugal para preparar a reforma do Estado: privatizacións, mobilidade na función pública e máis pagos pola saúde e o ensino públicos.
O catalán, o galego e o vasco desaparecen do vídeo oficial do encontro español de mozos católicos. Na versión definitiva suprimironse os fragmentos nos que se empegaban estas tres linguas.
Agora 99% reúne en Madrid colectivos de indignados de toda Europa. Os organizadores buscan consensuar un calendario de datas de mobilización internacional