Agora 99% reúne en Madrid colectivos de indignados de toda Europa. Os organizadores buscan consensuar un calendario de datas de mobilización internacional
Fálase
O Estado impón unha taxa de ata 2.350 euros para poder recorrer xudicialmente actos gobernamentais. Cóntao Público.es
Xan Martínez Caxigal dimite como concelleiro do BNG na Coruña por "motivos persoais" ainda que asegura que continuará formando parte do Consello Local do Bloque. Avia Beira ocupará o seu lugar.
Montoro asegura que Navantia terá "máis contratos" e Rajoy cre que "haberá boas noticias" respecto do 'tax lease'.
A Xunta Electoral ordena á Generalitat a retirada da campaña do 25N. Mándalle suspender de xeito inmediato os vídeos e cuñas radiofónicas que fomentan o voto.
Ana Botella, sobre os desafiuzamentos: "a lei está para cumprila". En El Economista
A Policía deixa en liberdade a muller detida nunha operación contra Resistencia Galega. Non atopa indicios de que participase en actos delictivos.
#consellodaxunta A Xunta recorre o real decreto lei co que o Goberno central eliminou as primas á produción de enerxías renovables. "Recorrer este decreto é cumprir co noso deber", afirma Feijóo
#consellodaxunta A Xunta aproba un decreto para regular os furanchos, que non "competirán deslealmente coa hostalería" e "blinda a cadea alimentaria"
Rajoy di que non pedirá o rescate neste ano. Asegura no Congreso que as necesidades de financiamento están cubertas.