#consellodaxunta A Xunta aproba un decreto para regular os furanchos, que non "competirán deslealmente coa hostalería" e "blinda a cadea alimentaria"
Fálase
Rajoy di que non pedirá o rescate neste ano. Asegura no Congreso que as necesidades de financiamento están cubertas.
O paro alcanza un record na zona euro co 11,6%. España rexistra a maior taxa de desemprego masculino e Grecia encabeza as cifras no paro xuvenil e entre mulleres.
Os secretarios xerais de CIG, CC.OO. e UGT chegan ao rexistro da Xunta para realizar oficialmente a convocatoria de folga xeral do 14N. Chaman á participación nun paro folga que non só é "sindical, tamén social" para rexeitar a reforma laboral e os recortes. Agardan que a Xunta, o Goberno central e a UE "tomen nota" e que a participación sexa "masiva".
O Goberno cambia a lei para que Eurovegas case non pague impostos. Os casinos de Adelson recibirán unha bonificación do 95% do IBI e das súas actividades económicas, segundo conta Público.
Carme Chacón reaparece en tres entrevistas para tomar posición a favor do federalismo e contra a independencia de Catalunya. Tamén para apostar pola celebración de primarias no PSOE. A ex ministra falou para El País, El Mundo e Telecinco.
As saídas de capital de España multiplícanse por 620 ata agosto. Alcanzan case os 250.000 millóns de euros nos primeiros oito meses do ano.
Denuncian unha agresión policial á saida do Celta-Dépor do sábado por estar gravando na rúa co móbil
Rajoy pide "colaboración" á UE para saír da crise. O presidente do Goberno comparece no Congreso para informar do último Consello Europeo, que cualifica de "positivo" para o Estado.
O concello catalán de Palafolls aproba unha iniciativa do PSC para crear unha asociación de municipios polo federalismo republicano. Aposta por crear un estado federal con cinco estados: Catalunya, Galicia, País Vasco, España e Portugal, con capital en Toledo.