Os secretarios xerais de CIG, CC.OO. e UGT chegan ao rexistro da Xunta para realizar oficialmente a convocatoria de folga xeral do 14N. Chaman á participación nun paro folga que non só é "sindical, tamén social" para rexeitar a reforma laboral e os recortes. Agardan que a Xunta, o Goberno central e a UE "tomen nota" e que a participación sexa "masiva".