A Federación Holandesa de Fútbol difunde un spot para animar os futbolistas a saír do armario
Fálase
Stiglitz cre que "coas políticas de Europa e España non hai luz ao final do túnel". Nunha entrevista á revista Capital, o premio Nobel de Economía considera o futuro do Estado "moi preocupante".
Xa se pode entrar en Mega, a web sucesora de Megaupload. Porén, o servizo non comezará até o 19 de xaneiro. O seu dominio será me.ga
O Goberno quere prohibir aos funcionarios xubilarse antes dos 65 anos. Será unha das súas propostas para reformar o sistema público de pensións.
Segundo Cinco Dias, o Banco de España propúxolles ás entidades bancarias que participarán no banco malo que merquen as participacións preferentes dos bancos nacionalizados cunha quita do 50% e as troquen por accións. Bancos e afectados opóñense a esta proposta.
Expansión publica este venres que Novagalicia Banco planea despedir 2.000 empregados, un 21% do seu cadro de persoal. Tamén afirma que a UE impón que estas entidades despidan coa indemnización que permite a reforma laboral: 20 días por ano traballado e un máximo de doce mensualidades.
PP e PSOE xa pensan en volver cambiar a lei electoral para favorecer o voto emigrante. Os dous partidos cren que "non houbo abstención" na diáspora senón "imposibilidade de exercer un dereito". Cóntao El País.
Porto Rico decidirá o martes o seu futuro. Coincidindo coas eleccións presidenciais nos Estados Unidos, os habitantes decidirán se se integran totalmente no pais norteamericano como o seu estado 51, se se independizan totalmente, ou se manteñen a súa situación actual de independencia light na forma de estado libre asociado.
O alcalde de Nova York, Michael Bloomberg, anunciou este xoves o seu apoio a Barack Obama nas eleccións presidenciais. Eloxia o papel de Obama na xestión da catástrofe do Sandy
O xornalista grego Kostas Vaxevanis foi absolto polo tribunal. Vaxevanis foi xulgado por revelar unha lista de supostos evasores fiscais