A Xunta desbota o dique flotante para Ferrol. O conselleiro de Economía asegura que non se pode construír se incumpre a normativa europea e lembra que a prioridade é conseguir contratos. Máis información, esta tarde en Praza.
Fálase
Libera denuncia que só o 13% dos concellos galegos cumpren a Lei de Protección Animal e calcula que ao longo deste verán máis de 4.000 animais serán abandonados en Galicia
España multiplicou por 10 a venda de armas a Israel en 2013, chegando aos cinco millóns de euros de negocio. Despois das invasións israelís e do escándalo internacional polas matanzas, a cifra sempre se reduciu, como fará agora tras a decisión do Goberno de conxelar a venda de armamento.
O Apóstolo, premio á mellor longametraxe no Festival Internacional de Animación Animundi. O filme tamén acadou o premio do público.
Remata outra vez sen acordo a reunión entre traballadores e Urbaser sobre a folga do lixo en Lugo e tras 58 días de paro.
O 061 alerta do "pasotismo" dos hospitais por querer desentenderse dos anciáns. Cre que o motivo son as "longas estadías hospitalarias" das persoas maiores.
Localizado o neto da presidenta das Abuelas de Plaza de Mayo. Estela de Carlotto atopouse con Guido logo de 36 anos de busca.
Incautados 127 quilos de cocaína no buque escola Juan Sebastián Elcano. Tres mariñeiros deste barco da Armada xa foran detidos por narcotráfico.
España multiplicou por dez a venda de armas a Israel en 2013. O Goberno vén de conxelar a exportación de armamento ao Goberno hebreo logo de levala ao se récord histórico.
Artur Mas insiste en que "todo está listo" para a consulta do 9 de novembro e lembra que se fará baixo os parámetros da "democracia, as leis e o diálogo".