A Xustiza impídelle a Adolfo Domínguez trasladar seis empregados de Ourense a Madrid. A empresa quere deslocalizar o seu departamento de vendas online, que xera importantes beneficios. "A conveniencia organizativa empresarial non é causa suficiente para non respectar un contrato", sinala o fallo
Fálase
El Diario entrevista Amaia Pérez Orozco, que acaba de publicar Subversión feminista de la economía. "A organización do mercado de traballo está en íntima relación co reparto do traballo fóra do mercado, non se pode incidir nun sen incidir no outro", di
Esta madrugada faleceu Lauren Bacall aos 89 anos de idade
Industria autoriza a Repsol a realizar sondaxes exploratorias nas augas das Illas Canarias.
Os partidos soberanistas da oposición exixen a consulta o 9-N logo das dúbidas amosadas pola vicepresidenta da Generalitat.
A UPG e outras organizacións políticas homenaxearon onte a Moncho Reboiras no 39º aniversario do seu asasinato. A formación independentista apostou pola "independencia política e organizativa" nestes tempos de "confusións". Foto de Gz.foto.
Santiago soterra o 'pelotazo' urbanístico atribuído a Conde Roa. Hernández anuncia que non recualificará a Finca do Espiño e abre o parque ao público.
A construtora xa cualificou como "moi adversas" as condicións no tramo da A-8 entre Abadín e Mondoñedo.
A Xunta de Galicia manterá os traslados de profesores determinados polo concurso anulado parcialmente por sentenza xudicial até que haxa un pronunciamento firme do TSXG
A Flota da Liberdade tentará de novo rachar o bloqueo israelí sobre Gaza, nunha acción que terá lugar nos últimos meses de 2014. Os organizadores esperan que a representación internacional duplique a do ano 2010