A construtora xa cualificou como "moi adversas" as condicións no tramo da A-8 entre Abadín e Mondoñedo.
Fálase
A Xunta de Galicia manterá os traslados de profesores determinados polo concurso anulado parcialmente por sentenza xudicial até que haxa un pronunciamento firme do TSXG
A Flota da Liberdade tentará de novo rachar o bloqueo israelí sobre Gaza, nunha acción que terá lugar nos últimos meses de 2014. Os organizadores esperan que a representación internacional duplique a do ano 2010
Morre Miguel Pajares, o cura español enfermo de ébola. Falece seis días despois de ser repatriado.
Interviú publica unha reportaxe sobre a polémica aldea etnográfica construída nos últimos anos polo alcalde de Muras, Issam Alnagm, un proxecto inzado de irregularidades, segundo os grupos da oposición.
Falece o actor Robin Williams aos 63 anos. As causas da súa morte aínda están por confirmar.
A vicepresidenta da Generalitat non avalará a consulta do 9-N se non se fai por "vía legal".
Rajoy aborda a privatización das últimas empresas públicas valiosas. Das 120 compañías vendidas desde 1984, a maioría desapareceron e o resto están en mans de estranxeiros ou das grandes fortunas de España.
Bruxelas sanciona a España por sobrepesca. Descóntalle 550 toneladas da cota de 2014.
Erdogan obtén a vitoria nas eleccións presidenciais turcas, superando o 52% dos votos na primeira volta. O seu principal rival, Ihsanoglu, xa recoñeceu o triunfo do actual primeiro ministro