Bruxelas sanciona a España por sobrepesca. Descóntalle 550 toneladas da cota de 2014.
Fálase
Erdogan obtén a vitoria nas eleccións presidenciais turcas, superando o 52% dos votos na primeira volta. O seu principal rival, Ihsanoglu, xa recoñeceu o triunfo do actual primeiro ministro
O vilagarciano Gustavo César Veloso gañou este domingo a Volta a Portugal, superando a Rui Sousa e a Delio Fernández.
Praza Pública non se actualiza as fins de semana de agosto por descanso dos traballadores. Lémonos o luns!
A Coruña lidera o crecemento de pasaxeiros nos aeroportos galegos. En todos medrou a ocupación no pasado mes de xullo.
Multada unha deputada de IU en Andalucía por manifestarse a prol da República. Máis membros da mesma formación foron sancionados polo mesmo motivo.
Estados Unidos bombardea os yihadistas do Estado Islámico en Iraq. Xustifica o ataque na idea de preservar os interses dos EUA na zona.
Jordi Pujol recibe unha notificación da Axencia Tributaria para chamalo a declarar. Dous funcionarios fóronlle entregar o documento en man a Queralbs.
Este venres deu comezo en Vigo unha nova edición de Arnette O’Marisquiño, un evento que ao longo da fin de semana atraerá á cidade olívica máis de 100.000 visitantes. Até o domingo poderase seguir o desenvolvemento dunha proba da World Cup Skateboarding, ademais doutras competicións de BMX, breakdance, exhibicións de graffiti e unha completa axenda de concertos.
Novas concentracións en varias cidades galegas protestaron contra os ataques do exército israelí contra a poboación de Gaza. Na imaxe, o acto de Vigo.