Praza Pública non se actualiza as fins de semana de agosto por descanso dos traballadores. Lémonos o luns!
Fálase
A Coruña lidera o crecemento de pasaxeiros nos aeroportos galegos. En todos medrou a ocupación no pasado mes de xullo.
Multada unha deputada de IU en Andalucía por manifestarse a prol da República. Máis membros da mesma formación foron sancionados polo mesmo motivo.
Estados Unidos bombardea os yihadistas do Estado Islámico en Iraq. Xustifica o ataque na idea de preservar os interses dos EUA na zona.
Jordi Pujol recibe unha notificación da Axencia Tributaria para chamalo a declarar. Dous funcionarios fóronlle entregar o documento en man a Queralbs.
Este venres deu comezo en Vigo unha nova edición de Arnette O’Marisquiño, un evento que ao longo da fin de semana atraerá á cidade olívica máis de 100.000 visitantes. Até o domingo poderase seguir o desenvolvemento dunha proba da World Cup Skateboarding, ademais doutras competicións de BMX, breakdance, exhibicións de graffiti e unha completa axenda de concertos.
Novas concentracións en varias cidades galegas protestaron contra os ataques do exército israelí contra a poboación de Gaza. Na imaxe, o acto de Vigo.
A OMS eleva o nivel de alerta e declara o ébola emerxencia pública sanitaria de alcance internacional. A decisión implica a posta en marcha de medidas excepcionais para deter a súa transmisión
Ao redor de 40 persoas, convocadas por Stop Desafiuzamentos, concentráronse este xoves en Cambre ante unha sucursal do Banco Santander para sinalar o "acoso" ao que -denuncian- esta entidade está a someter a unha veciña deste concello que non pode facer fronte a unha mensualidade da súa hipoteca.
A Xunta nomea os seus tres representantes no Padroado da Fundación Galicia Obra Social: o escritor Xosé Carlos Caneiro, o interventor Jesús Santiago Vázquez e a funcionaria da administración MªJesús Budiño