Falece o actor Robin Williams aos 63 anos. As causas da súa morte aínda están por confirmar.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/53e9b08d88a3c-robin-williams-indomable-will-hunting_ediima20140812_0032_5.jpg)
Falece o actor Robin Williams aos 63 anos. As causas da súa morte aínda están por confirmar.
A vicepresidenta da Generalitat non avalará a consulta do 9-N se non se fai por "vía legal".
Rajoy aborda a privatización das últimas empresas públicas valiosas. Das 120 compañías vendidas desde 1984, a maioría desapareceron e o resto están en mans de estranxeiros ou das grandes fortunas de España.
Bruxelas sanciona a España por sobrepesca. Descóntalle 550 toneladas da cota de 2014.
Erdogan obtén a vitoria nas eleccións presidenciais turcas, superando o 52% dos votos na primeira volta. O seu principal rival, Ihsanoglu, xa recoñeceu o triunfo do actual primeiro ministro
O vilagarciano Gustavo César Veloso gañou este domingo a Volta a Portugal, superando a Rui Sousa e a Delio Fernández.
Praza Pública non se actualiza as fins de semana de agosto por descanso dos traballadores. Lémonos o luns!
A Coruña lidera o crecemento de pasaxeiros nos aeroportos galegos. En todos medrou a ocupación no pasado mes de xullo.
Multada unha deputada de IU en Andalucía por manifestarse a prol da República. Máis membros da mesma formación foron sancionados polo mesmo motivo.
Estados Unidos bombardea os yihadistas do Estado Islámico en Iraq. Xustifica o ataque na idea de preservar os interses dos EUA na zona.