Unha das primeiras páxinas máis impactantes dos diarios impresos do domingo é a de El Periódico de Catalunya, que abre co titular 'España imputada' e analiza os casos de corrupción que afectan ás diferentes institucións do Estado. El Mundo dálle o titular de apertura a unha entrevista co presidente da Xunta e ao 'escrache' na casa do deputado do PP de Ourense Celso Delgado.
