O PSdeG de Ferrol organiza unha "semana da república" con actos entre o 8 e o 14 de abril. Inclúen unha conferencia do fiscal superior de Galicia, Carlos Varela, e un cine fórum sobre As mulleres na República
Fálase
O Concello de Teo amosa a súa "sorpresa" por que a Xunta lle abra a porta á reapertura dunha empresa de pirotecnia do municipio que estoupou no ano 2006
A conselleira de Benestar, Beatriz Mato, considera un "espectáculo" que a oposición abandonase este venres o debate do plan demográfico da Xunta, que o PP tramitou en apenas unha mañá. A conselleira, que esta mañá participa nun acto de Novas Xeracións, non asistiu a esa sesión parlamentaria.
Compromiso por Galicia está a celebrar este sábado en Compostela unhas xornadas sobre política municipal ás que asisten uns 80 edís.
O Tribunal Constitucional de Portugal declara ilegais catro recortes incluídos nos Orzamentos do país para 2013. O Goberno de Passos Coelho celebra este sábado un consello de ministros extraordinario para abordar a situación. Cóntao Público.
José Blanco asegura que non se presentará á secretaría xeral do PSdeG "pase o que pase", en referencia á súa situación xudicial.
Helicópteros da empresa que recibiu 'a dedo' o servizo de helicópteros de Medio Rural utilizaron as bases da Xunta antes de que se formalizase o contrato, segundo conta El País
A aposta da Fiscalía por frear a imputación da infanta Cristina centra hoxe a primeira páxina de boa parte dos diarios impresos. En Galicia, o asunto comparte protagonismo coa situación financeira de Pescanova.
A CNMV ve "insuficiente" a documentación de Pescanova e dálle cinco días máis de prazo baixo ameaza de sanción.
Banco Espírito Santo presenta oferta vinculante polo Banco Gallego.