A CNMV ve "insuficiente" a documentación de Pescanova e dálle cinco días máis de prazo baixo ameaza de sanción.
Fálase
Banco Espírito Santo presenta oferta vinculante polo Banco Gallego.
Sáenz de Santamaría, novo obxectivo do escrache. Douscentos membros da PAH protestan fronte a casa da vicepresidenta do Goberno.
Pescanova demanda a súa auditora durante os últimos once anos por non detectar o desfase contable da súa débeda.
En apenas unha hora comeza en Compostela a segunda edición do #Cutregal, a "feiriña de libros, discos e outras trangalladas" inspirada na retranqueira filosofía de que "a cultura si ocupa lugar".
A candidatura olímpica de Tokio 2020 elixe a Doraemon como "embaixador". Cóntao La Información
O xuíz Castro anula a declaración da infanta Cristina prevista para o 27 de abril, segundo adianta Cadena Ser.
A PAH responde aos ataques cun vídeo dirixido aos votantes do PP. "Non somos o inimigo, nin moito menos terroristas", din varios afectados por desafiuzamentos.
YPF pagou máis de medio millón de euros nunha conta da Gürtel en Suíza, segundo conta Infolibre.
O ex asesor de Conde Roa e antigo edil do PP de Santiago, Ángel Espadas, abandonou esta noite a prisión de Teixeiro baixo fianza de 10.000 euros. O pasado marzo, a Audiencia de Lugo rexeitara a súa posta en liberdade por "risco de fuga".