En apenas unha hora comeza en Compostela a segunda edición do #Cutregal, a "feiriña de libros, discos e outras trangalladas" inspirada na retranqueira filosofía de que "a cultura si ocupa lugar".
Fálase
A candidatura olímpica de Tokio 2020 elixe a Doraemon como "embaixador". Cóntao La Información
O xuíz Castro anula a declaración da infanta Cristina prevista para o 27 de abril, segundo adianta Cadena Ser.
A PAH responde aos ataques cun vídeo dirixido aos votantes do PP. "Non somos o inimigo, nin moito menos terroristas", din varios afectados por desafiuzamentos.
YPF pagou máis de medio millón de euros nunha conta da Gürtel en Suíza, segundo conta Infolibre.
O ex asesor de Conde Roa e antigo edil do PP de Santiago, Ángel Espadas, abandonou esta noite a prisión de Teixeiro baixo fianza de 10.000 euros. O pasado marzo, a Audiencia de Lugo rexeitara a súa posta en liberdade por "risco de fuga".
España é o estado que máis anticapitalista se declara en Europa. Un 74% dos cidadáns rexeita este sistema económico, segundo unha enquisa da Fundación BBVA que publica Expansión.
A casa real encárgalle a Miquel Roca, representante do nacionalismo catalán na elaboración da Constitución Española, a defensa da infanta Cristina no caso Nóos. Cóntao El Diario.
Dimite en Portugal o ministro de Asuntos Parlamentarios, Miguel Relvas, tras revelarse que obtivo a súa licenciatura universitaria sen cumprir os requisitos necesarios. Cóntao o diario Público.
Feijóo tamén viaxou co narco Marcial Dorado a Ibiza e a Cascais, segundo el mesmo lle recoñeceu ao diario El País.