Dimite en Portugal o ministro de Asuntos Parlamentarios, Miguel Relvas, tras revelarse que obtivo a súa licenciatura universitaria sen cumprir os requisitos necesarios. Cóntao o diario Público.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/515e79efe9d6b-ng2475386.jpg)
Dimite en Portugal o ministro de Asuntos Parlamentarios, Miguel Relvas, tras revelarse que obtivo a súa licenciatura universitaria sen cumprir os requisitos necesarios. Cóntao o diario Público.
Feijóo tamén viaxou co narco Marcial Dorado a Ibiza e a Cascais, segundo el mesmo lle recoñeceu ao diario El País.
O Pedrón de Ouro de 2013 recaerá no Grupo de Teatro Airiños e o Pedrón de Honra será outorgado á musicóloga Dorothé Schubart, autora da monumental obra O Cancioneiro Popular Galego
Tras unha denuncia de FACUA, o Instituto Nacional de Consumo e as autoridades de protección ao consumidor das comunidades autónomas emitiron un informe que determina que os consumidores teñen dereito a liberar os seus móbiles de balde
Astiberri publicará Conspiraciones, o novo álbum de José Domingo, o autor de Aventuras de un oficinista japonés
A Xunta anuncia o nacemento do primeiro proxecto creado nas oficinas que aluga na Cidade da Cultura. Trátase dunha empresa que promove o Camiño de Santiago como "escenario de viaxe de procesos de coaching e desenvolvemento persoal", segundo informa o Goberno galego.
Afectados polas preferentes estudan denunciar os partidos que apoiaron a fusión das caixas. Preparan unha gran manifestación para o 20 de abril en Vigo.
O Goberno central gastou máis de 100.000 euros en cambiar nomes de ministerios e departamentos administrativos. Cóntao El Diario.
Fortes enfrontamentos entre afectados polas preferentes e a policía en Nigrán. Cóntao El País.
Darty, antiga San Luís, pecha as súas tendas en Galicia e bota 150 empregados.