Astiberri publicará Conspiraciones, o novo álbum de José Domingo, o autor de Aventuras de un oficinista japonés
Fálase
A Xunta anuncia o nacemento do primeiro proxecto creado nas oficinas que aluga na Cidade da Cultura. Trátase dunha empresa que promove o Camiño de Santiago como "escenario de viaxe de procesos de coaching e desenvolvemento persoal", segundo informa o Goberno galego.
Afectados polas preferentes estudan denunciar os partidos que apoiaron a fusión das caixas. Preparan unha gran manifestación para o 20 de abril en Vigo.
O Goberno central gastou máis de 100.000 euros en cambiar nomes de ministerios e departamentos administrativos. Cóntao El Diario.
Fortes enfrontamentos entre afectados polas preferentes e a policía en Nigrán. Cóntao El País.
Darty, antiga San Luís, pecha as súas tendas en Galicia e bota 150 empregados.
O activista catalán Enric Durán, que se atopa en busca e captura, será entrevistado esta tarde en Carne Cruda. Será a súa primeira entrevista dende que foi condenado.
#consellodaxunta Feijóo remítese á súa "interesante" comparecencia do vindeiro mércores no Parlamento para ofrecer máis aclaracións sobre a súa relación con Marcial Dorado. "Permítame que os titulares" queden para o mércores, sinala a preguntas de prensa. "Os que querían montar unha infamia non poden seguir estirando este asunto", afirma.
#consellodaxunta Feijóo considera "compatible, palabra por palabra", o que explicou sobre a súa relación con Marcial Dorado en rolda de prensa e as afirmacións do xuíz Vázquez Taín.. Toda a información, hoxe en Praza.
#consellodaxunta Feijóo asegura que "coñece" a Rajoy e que, polo tanto, a revisión do financiamento autonómico non será "un compadreo" con Catalunya