O colectivo Novo Socialismo Galego vén de situar a Ivan Puentes como portavoz nacional do colectivo. Propóñeno como "cabeza visible do proxecto político para pilotar o cambio" no PSdeG

O colectivo Novo Socialismo Galego vén de situar a Ivan Puentes como portavoz nacional do colectivo. Propóñeno como "cabeza visible do proxecto político para pilotar o cambio" no PSdeG
Este sábado desenvolveuse en Lugo unha nova protesta en condena da violencia machista e en solidariedade coa última vítima, unha veciña da cidade. Baixo lemas como O machismo mata, non sexas cómplice', a protesta estivo convocada por organizacións feministas e veciñais e apoiadas por representantes de todos os grupos políticos do Concello lugués. Cóntao El Progreso.
Ás 19:00 comeza en Madrid un acto de lembranza e homenaxe a José Couso, o cámara galego asasinado por soldados estadounidenses en Iraq hai dez anos. #10anosconCouso #10añosconCouso
O escritor Agustín Fernández Paz foi nomeado este sábado socio de honra de Nova Escola Galega. A laudatio ao homenaxeado realizouna Manuel Bragado. (foto: @_mardybum)
O PSdeG de Ferrol organiza unha "semana da república" con actos entre o 8 e o 14 de abril. Inclúen unha conferencia do fiscal superior de Galicia, Carlos Varela, e un cine fórum sobre As mulleres na República
O Concello de Teo amosa a súa "sorpresa" por que a Xunta lle abra a porta á reapertura dunha empresa de pirotecnia do municipio que estoupou no ano 2006
A conselleira de Benestar, Beatriz Mato, considera un "espectáculo" que a oposición abandonase este venres o debate do plan demográfico da Xunta, que o PP tramitou en apenas unha mañá. A conselleira, que esta mañá participa nun acto de Novas Xeracións, non asistiu a esa sesión parlamentaria.
Compromiso por Galicia está a celebrar este sábado en Compostela unhas xornadas sobre política municipal ás que asisten uns 80 edís.
O Tribunal Constitucional de Portugal declara ilegais catro recortes incluídos nos Orzamentos do país para 2013. O Goberno de Passos Coelho celebra este sábado un consello de ministros extraordinario para abordar a situación. Cóntao Público.
José Blanco asegura que non se presentará á secretaría xeral do PSdeG "pase o que pase", en referencia á súa situación xudicial.