'Hackean' a web do PP de Lugo durante unhas horas con mensaxes como "que vén Maduro a roubarnos as vacas". Cóntao El Progreso
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5742be5de9101-cjh3vzjxeaaqs0i.jpg)
'Hackean' a web do PP de Lugo durante unhas horas con mensaxes como "que vén Maduro a roubarnos as vacas". Cóntao El Progreso
Salud Hernández-Mora, correspondente de El Mundo, secuestrada en Colombia nunha zona de guerrilla.
A asemblea da CUP aproba unha emenda para "liberarse" do pacto con JxSí. Non racha o acordo pero pide pasos claros cara á ruptura co Estado.
Rajoy promete á UE novos recortes se gaña as eleccións. El País accede a unha carta do presidente a Juncker, na que di estar disposto a "adoptar novas medidas" se repite no Goberno.
O Concello de Ourense require a 2.000 propietarios que limpen as súas parcelas para evitar incendios. A modificación da ordenanza axiliza a tramitación e o desbroce.
A ultradereita, a piques de presidir Austria. O voto por correo decidirá se Norbert Hofer confirma a súa vitoria de 3,8 puntos de vantaxe sobre o ecoloxismo. Quedan maís de 800.000 votos por escrutar.
O líder de Def Con Dos sentará no banco dos acusados o 12 de xullo por un presunto delito en Twitter. A Fiscalía pide 20 meses de cárcere a César Strawberry por suposta humillación ás vítimas do terrorismo.
VÍDEO Os Diplomáticos de Monte alto estrean o videoclip da súa nova canción, A Rabaleira, que veñen de presentar no Festival de Cans.
Así soou o Galicia-Venezuela. A Radio Galega publica os mellores momentos da retransmisión do retorno da selección galega, o pasado venres en Riazor.
O Racing de Ferrol inicia a carreira polo ascenso á Segunda cun empate sen goles ante o Cádiz. O partido de volta xógase, xa na Malata, o vindeiro domingo.