PP e PSOE perderían un terzo dos seus votos nas europeas, segundo unha enquisa que hoxe publica El Diario. O inquérito dálle 6 escanos á coalición na que participa AGEe, 2 á de CxG e 1 á do BNG
Fálase
Marcial Dorado mantén que vai "seguir en pé" porque todos os seus cartos son "legais". Recólleo El País
Galiza Contrainfo, Galiza Ano Cero e Andaina gañan a primeira edición dos premios Luceira de Comunicación Social, organizados pola Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
A presión cidadá obriga a renunciar ao cura de Punxín, que chamou "adúlteras" ás mulleres e foi rexeitado polos veciños.
O socialista Jáuregui propón disolver as Cortes a finais de 2015 para reformar a Constitución. A nova Carta Magna sería aprobada en referendo, segundo o número dous do PSOE ás eleccións europeas.
O Tribunal de Xustiza da Unión Europea ditou esta mañá unha sentenza pola que os usuarios poderán pedirlle aos buscadores a retirada de enlaces dos seus resultados de procuras cando consideren que vulneran a súa privacidade. O histórico fallo dálle a razón a un usuario español na súa demanda contra Google.
O portavoz de Sanidade do PSOE no Congreso, José Martínez Olmos, demándalle ao Goberno que regule as redes sociais "ante a catarata de comentarios indignos" tras o asasinato de Isabel Carrasco.
Manuel Guede, director do Centro Dramático Galego, acusa o teatro galego de non ter "evolucionado" e cre que a perda de espectadores se debe a que non existe a percepción de ver "gran teatro". Guede vese a si mesmo como unha excepción: "Eu sempre o entendín, primeiro incorporando o repertorio clásico galego, pero tamén o internacional"
O Ministerio de Sanidade acordou darlle aos produtos homeopáticos o rango de medicamentos, regulando a súa situación no mercado. Deberán presentar un informe sobre a súa calidade e eficacia, pero non estarán obrigados a probala a través de ensaios clínicos.