Xunta e Concello de Celanova invisten 250.000 euros en reproducir un castro mentres desatenden o orixinal. Cóntao El País
Fálase
Na Segunda B, vitoria do Somozas ante o Burgos (1-0). Empate do Coruxo ante o Sporting B (2-2). E derrotas do Rácing de Ferrol en Murcia (1-0), do Compostela ante a Cultural Leonesa (0-2) e do Celta B en Langreo (1-0)
Rematou a xornada na Terceira galega. Pontevedra, Cerceda, Ribadumia e Depor B lideran a clasificación
Bergantiños 0-2 Pontevedra
Deportivo B 1-0 Alondras
Silva 0-2 Arousa
Racing Vilalbés 2-3 Choco
Ordes 1-2 Laracha
Boiro 4-1 Bertamiráns
Cultural Areas 0-4 Barbadás
Xuventú Sanxenxo 0-1 Rápido de Bouzas
Ribadumia 4-1 As Pontes
Ribadeo - Cerceda (adiado)O exército de Ucraína iniciou este domingo un bombardeo masivo sobre as posicións pro-rusas en Donetsk, provocando un gran número de mortos
Dirixentes do PP de Ourense dan por feito que Jesús Vázquez será o candidato á alcaldía da cidade. O actual conselleiro de Educación e Cultura deixaría o departamento. Os candidatos populares ás sete urbes galegas coñeceranse entre o 30 de xaneiro e o 1 de febreiro.
Derrotas de Celta e Lugo nos partidos xogados este sábado. Os celestes continúan coa súa tendencia negativa e perderon 1-0 en Barcelona ante o Espanyol. O Lugo caeu na casa 1-2 ante o Girona.
As comunidades galegas no exterior contribuirán á promoción de A Esmorga, o filme dirixido por Ignacio Vilar, segundo anunciou este sábado a Secretaría Xeral da Emigración.
TV3 emitirá esta noite Ciutat Morta, o documental que relata o caso de Patricia Heras, supostamente torturada pola policía en Barcelona, condenada inxustamente e que se suicidou posteriormente. A presión cidadá fixo que a televisión catalá accedese finalmente a emitir o filme, aínda que por orde dun xulgado se recortarán cinco minutos
Ao longo de todo o día estase a celebrar en Cangas a asemblea de coordinación estatal das Marchas da Dignidade, coa participación de representantes dunha ducia de organizacións. Toda a información, esta tarde en Praza.
Alfonso Rueda dirixirá de novo a campaña do PPdeG nas eleccións municipais do vindeiro 24 de maio. En dúas semanas a formación presentará oficialmente os seus candidatos e candidatas á alcaldía das sete cidades galegas.