Derrotas de Celta e Lugo nos partidos xogados este sábado. Os celestes continúan coa súa tendencia negativa e perderon 1-0 en Barcelona ante o Espanyol. O Lugo caeu na casa 1-2 ante o Girona.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/54bb7a0918007-celta-complica.jpg)
Derrotas de Celta e Lugo nos partidos xogados este sábado. Os celestes continúan coa súa tendencia negativa e perderon 1-0 en Barcelona ante o Espanyol. O Lugo caeu na casa 1-2 ante o Girona.
As comunidades galegas no exterior contribuirán á promoción de A Esmorga, o filme dirixido por Ignacio Vilar, segundo anunciou este sábado a Secretaría Xeral da Emigración.
TV3 emitirá esta noite Ciutat Morta, o documental que relata o caso de Patricia Heras, supostamente torturada pola policía en Barcelona, condenada inxustamente e que se suicidou posteriormente. A presión cidadá fixo que a televisión catalá accedese finalmente a emitir o filme, aínda que por orde dun xulgado se recortarán cinco minutos
Ao longo de todo o día estase a celebrar en Cangas a asemblea de coordinación estatal das Marchas da Dignidade, coa participación de representantes dunha ducia de organizacións. Toda a información, esta tarde en Praza.
Alfonso Rueda dirixirá de novo a campaña do PPdeG nas eleccións municipais do vindeiro 24 de maio. En dúas semanas a formación presentará oficialmente os seus candidatos e candidatas á alcaldía das sete cidades galegas.
Prolingua acusa a Xunta de "silenciar" unha edición multilingüe de obras literarias galegas, catalás e vascas
India négalle a Gilead o monopolio sobre a cura da hepatite C. Rexeita a patente do sofosbuvir para o laboratorio por entender que "cambios menores" na molécula non xustifican a exclusividade que reclama a compañía. Ábrese a posibilidade de distribuír xenéricos en países que foran excluídos do acceso a tratamentos baratos
A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, admite "un pouco de desorganización" nas urxencias. Porén, culpa da situación ao adianto dun mes do pico da gripe, e afirma que a baixa taxa de vacinación da poboación "influíu moitísimo"
Un milleiro de persoas manifestáronse onte en Vigo contra o proxecto do Concello para a rotonda de Coia. A marcha foi apoiada por BNG, Esquerda Unida, Anova, Podemos ou Equo.
El Periódico publica algúns detalles sobre a folla de ruta que negocian CDC e ERC para o proceso soberanista catalán. Prevese a celebración dun referendo e a convoctoria de novas eleccións en 2016, antes ou despois da redacción dunha Constitución.