India négalle a Gilead o monopolio sobre a cura da hepatite C. Rexeita a patente do sofosbuvir para o laboratorio por entender que "cambios menores" na molécula non xustifican a exclusividade que reclama a compañía. Ábrese a posibilidade de distribuír xenéricos en países que foran excluídos do acceso a tratamentos baratos
Fálase
A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, admite "un pouco de desorganización" nas urxencias. Porén, culpa da situación ao adianto dun mes do pico da gripe, e afirma que a baixa taxa de vacinación da poboación "influíu moitísimo"
Un milleiro de persoas manifestáronse onte en Vigo contra o proxecto do Concello para a rotonda de Coia. A marcha foi apoiada por BNG, Esquerda Unida, Anova, Podemos ou Equo.
El Periódico publica algúns detalles sobre a folla de ruta que negocian CDC e ERC para o proceso soberanista catalán. Prevese a celebración dun referendo e a convoctoria de novas eleccións en 2016, antes ou despois da redacción dunha Constitución.
Stop Desafiuzamentos Compostela inicia unha campaña de autoinculpacións en apoio das catro persoas xulgadas por intentar deter o desaloxo dunha familia en Aríns.
O Consello de Europa considera ilegais as devolucións en quente de inmigrantes. O comisario de Dereitos Humanos subliña que o plan do Goberno español supón "o comezo da fin do dereito de asilo"
A Fiscalía pide 42 anos de cadea para Bárcenas pola súa participación na Gürtel. O presunto líder, Francisco Correa, enfróntase a 80 anos de prisión.
As lectoras e lectores de Fervenzas Literarias, o medio dixital especializado en litertura galega, elixiron Praza Pública como mellor medio de comunicación galego do 2014. Grazas a todas e todos! É a cuarta vez que Fervenzas realiza a súa enquisa anual, da que demos conta o ano pasado e o anterior.
Repsol abandona as sondaxes nas Canarias ao non atopar petróleo dabondo. A compañía descarta explotar a zona e uns traballos que contaban cun forte rexeitamento da poboación.
Os galegos e galegas gastaron en 2014 unha media de 864 euros en compras online, aínda moi por debaixo da media española, situada nos 1.330 euros, segundo datos do Observatorio Cetelem 2014 Ecommerce.