#folgaxeral A CIG fala de "paro total" en Citroën e nas industrias auxiliares da industria automobilística viguesa
Fálase
#folgaxeral Os sindicatos sinalan que apenas uns "200 ou 300" traballadores acudiron aos seus postos na sede central da Xunta, en San Caetano. Nun día ordinario son máis de 2.000.
#folgaxeral Ás oito da mañá o consumo eléctrico (23.699 megavatios) era un 20,33% inferior ao do pasado xoves (31.002 megavatios) e semellante ao dun domingo (ao redor de 22 mil megavatios), segundo datos de Red Eléctrica de España
E tamén as das cabeceiras de dereitas, como Gaceta: "España quiere trabajar, los sindicatos la paran", ABC: "Luís de Guindos: La reforma laboral es vital para la recuperación" e sobre todo La Razón: "Trabaja por España"
Nas portadas das cabeceiras impresas, destacan as de El Periodico de Catalunya, que baixo un gran titular 29M Pulso General sitúa un editorial titulado Justa, sea útil o no
#folgaxeral A CIG salienta a actitude dalgúns comercios, coma Frutas Vilar, en Vigo
#folgaxeral Están pechadas as estacións de autobuses de Santiago, Lugo e Coruña
#folgaxeral A CIG denuncia que un cámara foi detido violentamente en Vigo por filmar un piquete en Alcampo e trasladado á comisaría. Nestes momentos está sendo atendido nun centro médico para tratar as contusións sufridas.
#folgaxeral Imaxe do piquete informativo que está a percorrer as rúas de Ferrol (via @galizacig)
#folgaxeral Segundo @UGT_Galicia Paro total na actividade portuaria de Vigo, PSA-Citroen e empresas auxiliares do automobil.