Ao redor de cinco mil afectados polas preferentes, segundo a Policía Local, manifestáronse esta mañá en Sanxenxo para esixir a devolución íntegra dos seus cartos (imaxe via @xpadim). Ocuparon todo o centro da vila, recibindo o apoio dos veciño e sorprendendo os moitos turistas que paseaban polas rúas. A marcha finalizou diante dunha oficina de Novagalicia Banco, onde un voceiro das plataformas rexeitou a fórmula da arbitraxe proposta pola Xunta, denunciou "presións" e criticou a posibilidade de que o seu investimento poida sufrir unha quita de entre o 50 e o 70%, como propón Bruxelas.
