A Marea Atlántica reparte un novo número d'O 15, o xornal co que xa explicou o seu programa hai un mes.

A Marea Atlántica reparte un novo número d'O 15, o xornal co que xa explicou o seu programa hai un mes.
A enquisa semanal de Radio Coruña mantén a incertidume para a cidade. A esquerda sería agora maioritaria e podería formar goberno, mentres que o PP quedaría en 11 once concelleiros.
Aznar promoveu un código ético que aprobaba os sobresoldos no PP, que consideraba "xustos e éticos". Consideraba que recibir cartos extra "pode vir esixido pola xustiza".
Tan só o PP en Ferrol obtería a maioría absoluta nas cidades galegas segundo a enquisa diaria de La Voz. Compostela Aberta e Marea Atlántica manteñen opcións de liderar a alternativa e Rey Varela e Caballero están a un paso de gobernar sen necesidade de apoios.
O Dépor aférrase á Primeira tras gañarlle 2-0 ao Levante nun ateigado estadio de Riazor
O Breogán imponse por 76-86 ao Valladolid e xogará co COB Ourense a final galega polo ascenso á liga ACB de Baloncesto
O PSdeG de Noia esixe "explicacións urxentes polo caso das escandalosas dietas do candidato do PP en Noia e ex alcalde de Lousame", Santiago Freire, que lle cargou ao seu antigo Concello 4.000 euros en gastos tres anos despois de deixar a alcaldía
Os candidatos á alcaldía da Coruña debaten na SER sen Carlos Negreira, que enviou no seu lugar á número 13 da lista do PP, Luisa Cid. A edil alegou que o rexedor non acudira por estar "traballando pola cidade".
Ás 8 do serán Verónica Boquete chega a Compostela tras gañar a Champions co Frankfurt. Este sábado o equipo da santiaguesa celebrou o título coa súa afección.