O PSdeG de Noia esixe "explicacións urxentes polo caso das escandalosas dietas do candidato do PP en Noia e ex alcalde de Lousame", Santiago Freire, que lle cargou ao seu antigo Concello 4.000 euros en gastos tres anos despois de deixar a alcaldía
Fálase
Os candidatos á alcaldía da Coruña debaten na SER sen Carlos Negreira, que enviou no seu lugar á número 13 da lista do PP, Luisa Cid. A edil alegou que o rexedor non acudira por estar "traballando pola cidade".
- Xa están en marcha as mobilizacións de Queremos Galego polo Día das Letras. A información, hoxe en Praza #quesevexaogalego
Ás 8 do serán Verónica Boquete chega a Compostela tras gañar a Champions co Frankfurt. Este sábado o equipo da santiaguesa celebrou o título coa súa afección.
As últimas enquisas electorais da campaña, publicadas en La Voz, Faro de Vigo, El Correo Gallego e La Región, debuxan un panorama aberto en boa parte dos concellos urbanos do país. Máis información, hoxe na Praza do Concello
#DíadasLetras A partir das 11:30 desenvólvense as mobilizacións convocadas por Queremos Galego nas sete cidades e en Ribadeo. Velaquí os lugares de inicio. #quesevexaogalego
Falece a escritora María do Carme Kruckenberg aos 88 anos de idade
Javier Gómez Noya triunfa no triatlón de Yokohama nunha das mellores probas da súa exitosa carreira deportiva
Fomento di agora esixir persoal en todas as cabinas da AP-9 tras permitir nos últimos tres anos a extensión das peaxes automáticas, que xa son 37 en toda a autoestrada
Caballero gañaría as eleccións por maioría absoluta en Vigo, segundo unha enquisa de Atlántico Diario