En balonmán o Cangas e o Octavio caeron ante os dominadores da competición: Barcelona e Atlético de Madrid. Barcelona 40- Cangas 25 e Atlético de Madrid 28 - Octavio 25. Na división de prata o Teucro perdeu ante o Barcelona B por 28 a 30.
Fálase
Na Liga Adecco Ouro de baloncesto o Breogán derrotou o Barcelona B 79-73 e o Ourense caeu na casa ante o Palencia 68-93. Na ACB o Obradoiro xoga este domingo pola mañá ante o Fuenlabrada.
Na Liga Adecco Ouro de baloncesto o Breogán derrotou o Barcelona B 79-73 e o Ourense caeu na casa ante o Palencia 68-93
Pachi Vázquez compromete o dique flotante para Ferrol "para darlle emprego a este pais". Vázquez ironizou dicindo “Ferrol, que mellor sitio para recordarlle a Feijoo o que din os mandamentos: non mentirás”
Durante o partido que o enfrontou ao Deportivo esta tarde, os afeccionados do Rayo amosaron faixas pedindo a dimisión da delegada do Goberno, Cristina Cifuentes
Comeza nestes momentos o mitin de AGE en Teo coa participación do alcalde Martiño Noriega e de Xosé Manuel Beiras. Pódese seguir en directo nesta ligazón.
Rajoy enche a praza de touros de Pontevedra nun mitin no que vén de asegurar que "votar a Feijoo é votar pola unidade de todos os españois". Máis información esta tarde en Praza
O Dépor cae en Vallecas 2-1 e achégase aos postos de descenso. Piti e Delibasic marcaron primeiro para o Rayo pero Pizzi acortou diferenzas de penalti antes do descanso.
Jorquera pide un "concerto económico" para que os recursos galegos "non emigren" e "plantarlles cara aos recortes". Afirmou en Vigo que Galicia recada "3.000 millóns máis ao ano" do que recibe do Estado central.
O 6 de outubro de 1907, en Betanzos, Manuel Lugrís Freire empregaba por primeira vez o galego nun acto politico