A Policía Nacional anuncia a fin das redadas indiscriminadas contra inmigrantes. Segundo informa Eldiario.es, isto acontece despois de que o Ministerio do Interior negase reiteradamente a súa existencia.
Fálase
Teresa Táboas subliña que non descarta que Xosé Manuel Beiras poida estar á fronte do 'novo proxecto común'. Nunha entrevista na Radio Galega lamenta que haxa quen tente "marcar os tempos dende fóra" para esa alianza política.
Feijóo asegura en Madrid, durante un almorzo informativo organizado por Europa Press, que hai autonomías "que queren ser nación e se o fosen, estarían intervidas"
De Guindos adianta que a economía española caerá un 0,3% no segundo trimestre, malia que cre que o Goberno "está poñendo as bases para a recuperación actual". "España xerará emprego e benestar outra vez", asegura.
Feijóo di estar "convencido" de que o Goberno central "intervirá as autonomías que non cumpran" cos obxectivos de déficit. Nun almorzo organizado por Europa Press, o presidente da Xunta tamén se referiu a Novagalicia Banco: "Veremos se é capaz de cumprir o seu compromiso de traer investidores"
Os diarios Berria, de Euskadi, e Vilaweb, de Catalunya, únense de novo para a final da Copa do Rei, con varias accións conxuntas e unha edición impresa común.
O xornal La Información sitúa a Galicia xunto a Murcia e a Comunitat Valenciana no grupo de comunidades que reclaman un novo sistema de financiamento autonómico
Rubalcaba insiste nun pacto con Rajoy para se presentar ante as institucións europeas cunha soa voz e nega que Zapatero enganase ao Goberno coa cifra de déficit.
Economía desvelará hoxe o nome dos auditores que avaliarán os activos da banca española, segundo informou a vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría.
O 15M acusa La Caixa de vetar en TV3 as cazoladas realizadas diantes das súas oficinas centrais. Unha revista local denuncia que a entidade financeira retirou media páxina de publicidade por informar das protestas.