A patronal das autoestradas rexeita ubicar cobradores en todas as peaxes, 24 horas ao día, como lle esixe Fomento, e defende que ningunha lei ou contrato lles impide utilizar sistemas de cobro automático
Fálase
- PublicidadePublicidade
200 traballadores e traballadoras de Adolfo Domínguez manifestáronse este luns en Ourense para protestar contra o ERE que propón a empresa, e que afecta a 144 empregados, xunto co traslado a Madrid doutros 21 postos.
- PublicidadePublicidade
Antiviolencia abre expediente informativo aos promotores dos asubíos ao himno de España durante a final da Copa do Rei en Barcelona e remite os feitos á Fiscalía Xeral do Estado, ademais de pedir máis información. O Goberno considera de "extrema gravidade" os apupos do Camp Nou.
- PublicidadePublicidade
O PP quere cambiar a lei para castigar os asubíos ao himno de España. "Non entran na liberdade de expresión", di Carlos Floriano, vicepresidente da formación conservadora. A Comisión Antiviolencia reúnese hoxe para estudar sancións tras os apupos ao himno na final de Copa.
- PublicidadePublicidade
Os concellos comezarán a lexislatura cun recorte de fondos, ao ter que devolver 35 millóns de euros a Facenda a partir do 30 de xuño en base a entregas a conta excesivas. Os cálculos do Ministerio conclúen unha liquidación negativa para o 80% das entidades locais.
- PublicidadePublicidade
O 14% das vivendas da Coruña -un total de 19.300- están deshabitadas. Marea Atlántica quere impoñer un recargo do 50% do IBI ás casas sen ocupantes das entidades financeiras ou do 'banco malo'
- PublicidadePublicidade
A construtora FCC pagoulle a Jordi Pujol Ferrusola 710.000 euros en comisións, compensacións a cambio de adxudicacións da Generalitat, segundo publica El Mundo.
- PublicidadePublicidade
Pitar o himno é un dereito, segundo un auto da Audiencia Nacional, que en 2009 considerou que pitar o himno de España está amparado pola liberdade de expresión
- PublicidadePublicidade
Breogán e COB Ourense xogaranse o ascenso á ACB no último e quinto partido na capital das Burgas o vindeiro martes. O equipo ourensán gañou (69-73) en Lugo nun espectacular ambiente.
- PublicidadePublicidade
O Pontevedra perde nos penaltis e non acada aínda o ascenso a 2ªB logo de igualar a eliminatoria co Mensajero. O Fabril segue adiante logo de gañar ao Durango (2-0). O Cerceda quedou eliminado.
- PublicidadePublicidade