O PP quere cambiar a lei para castigar os asubíos ao himno de España. "Non entran na liberdade de expresión", di Carlos Floriano, vicepresidente da formación conservadora. A Comisión Antiviolencia reúnese hoxe para estudar sancións tras os apupos ao himno na final de Copa.
Fálase
Os concellos comezarán a lexislatura cun recorte de fondos, ao ter que devolver 35 millóns de euros a Facenda a partir do 30 de xuño en base a entregas a conta excesivas. Os cálculos do Ministerio conclúen unha liquidación negativa para o 80% das entidades locais.
O 14% das vivendas da Coruña -un total de 19.300- están deshabitadas. Marea Atlántica quere impoñer un recargo do 50% do IBI ás casas sen ocupantes das entidades financeiras ou do 'banco malo'
A construtora FCC pagoulle a Jordi Pujol Ferrusola 710.000 euros en comisións, compensacións a cambio de adxudicacións da Generalitat, segundo publica El Mundo.
Pitar o himno é un dereito, segundo un auto da Audiencia Nacional, que en 2009 considerou que pitar o himno de España está amparado pola liberdade de expresión
Breogán e COB Ourense xogaranse o ascenso á ACB no último e quinto partido na capital das Burgas o vindeiro martes. O equipo ourensán gañou (69-73) en Lugo nun espectacular ambiente.
O Pontevedra perde nos penaltis e non acada aínda o ascenso a 2ªB logo de igualar a eliminatoria co Mensajero. O Fabril segue adiante logo de gañar ao Durango (2-0). O Cerceda quedou eliminado.
A 'flotilla' da liberdade abandona Galicia rumbo a Lisboa e agradece a recepción ao Concello de Bueu logo dunha fin de semana de apoio a Palestina e contra o bloqueo a Gaza. Fotografía de @anamirandapaz
O Lugo despide a tempada cun empate no Anxo Carro no último partido de Quique Setién á fronte do equipo galego.
Laiovento e Miguel Anxo Murado reciben os premios da Fundación Pedrón de Ouro pola súa contribución á "normalización" e "dignificación" de Galicia.