A Xunta Electoral Central amplía o prazo de recollida do voto por correo ata este venres, día 11. Asemade, amplíase tamén o prazo no que a Oficina do Censo pode enviar a documentación electoral á poboación ata o día 14.
Fálase
A candidata de NÓS por Pontevedra, Carme Adán, recibe o apoio do alcalde de Lalín, Rafael Cuiña (CxG), que a acompañou nun paseo electoral por Vigo. A xuízo do rexedor lalinense, "só unha candidatura netamente galega como NÓS" pode "defender os sectores estratéxicos deste país".
Ciudadanos convoca un paseo electoral en Santiago só para medios gráficos e o seu candidato pola Coruña evita responder ao ser preguntado polas súas propostas. Recólleo Europa Press
A xuíza De Lara entrega na Audiencia un correo electrónico do avogado Conde-Pumpido no que a advirte de supostas manobras políticas e xudiciais na súa contra. A maxistrada ve no correo do letrado, redactado un ano antes de comezar a representar ao socialista Gómez Besteiro, un intento de coacción. Recólleo El País. Nun comunicado, Besteiro resalta que as "conversas" son "alleas á miña persoa" xa que se produciron antes de que Conde-Pumpido o representase, e salienta que "todo isto deriva da inxusta situación xudicial na que me atopo dende hai cinco meses".
O politólogo José Fernández-Albertos detalla os datos de intención directa de voto en Galicia nos que se baseou o estudo preelectoral do CIS, que augura unha caída de 5 escanos do PP e escanos galegos para En Marea e Ciudadanos.
Medio cento de tractores arrodean o Carrefour da Coruña mentres os gandeiros detallan á clientela os motivos da súa protesta. A mobilización, advirten, é "indefinida". Toda a información, hoxe en Praza.
Rajoy defende que un único debate electoral a dous é "máis debate" que os demais, aos que el non asistiu
O líder do grupo Def con Dos será finalmente xulgado por seis comentarios en Twitter e un rechío
Comeza na Coruña a xornada de mobilizacións gandeiras. Os tractores arrodean xa as instalacións do Carrefour. Máis información, hoxe en Praza (Imaxe: @AlvaroGz82)
As farmacias advirten de que a vacina da Meninxite B escaseará ata mediados de 2016. Recólleo Faro de Vigo