Medio cento de tractores arrodean o Carrefour da Coruña mentres os gandeiros detallan á clientela os motivos da súa protesta. A mobilización, advirten, é "indefinida". Toda a información, hoxe en Praza.
Fálase
Rajoy defende que un único debate electoral a dous é "máis debate" que os demais, aos que el non asistiu
O líder do grupo Def con Dos será finalmente xulgado por seis comentarios en Twitter e un rechío
Comeza na Coruña a xornada de mobilizacións gandeiras. Os tractores arrodean xa as instalacións do Carrefour. Máis información, hoxe en Praza (Imaxe: @AlvaroGz82)
As farmacias advirten de que a vacina da Meninxite B escaseará ata mediados de 2016. Recólleo Faro de Vigo
A Xunta débelles ás librarías a metade dos libros de texto sufragados con vales. Recólleo La Voz
VÍDEO Ciudadanos nega a importancia do xénero na violencia contra a muller. Marta Rivera, lucense candidata por Madrid, defendeu incluír no seu programa eliminar o agravante de xénero nestas agresións e mudar a propia definición de violencia de xénero, na que actualmente se basea a lei. Podes ver aquí o vídeo íntegro
#DebateTVG En marcha o debate da TVG entre PP, PSdeG, NÓS e En Marea. Pódese seguir ao vivo nesta ligazón
Barreiro, Cancela, Adán e Gomez-Reino están xa na TVG para participar no debate que a canle pública emite dende as 18:30. A información, hoxe en Praza. (Imaxe: NÓS)
As vítimas mortais da violencia machista superan xa o medio cento no que vai de ano no conxunto do Estado. Este mércores foi asasinada unha muller de 37 en Sevilla