Barreiro, Cancela, Adán e Gomez-Reino están xa na TVG para participar no debate que a canle pública emite dende as 18:30. A información, hoxe en Praza. (Imaxe: NÓS)
Fálase
As vítimas mortais da violencia machista superan xa o medio cento no que vai de ano no conxunto do Estado. Este mércores foi asasinada unha muller de 37 en Sevilla
O PP lanza un "comparador" de programas electorais. Na área de loita contra a corrupción, por exemplo, a ferramenta dos populares indica que as súas propostas son "100% viables" e as do resto de forzas, "pouco convincentes"
Este venres chega ás salas comerciais o documental Frankenstein-04155, de Aitor Rei, con quen falamos en Praza hai uns meses. O filme sobre o accidente do Alvia, premiado en Cineuropa, poderá verse en 13 cidades de toda España, entre elas Compostela, Pontevedra, Vigo, A Coruña, Lugo, Ourense e Ferrol.
A TVG emite un debate electoral esta tarde ás 18:30 entre PP, PSdeG, NÓS e en Marea.
Anxo Lugilde debulla en El Progreso as fraudes do anterior modelo de voto emigrante e as deficiencias do actual, así como a necesidade de diferenciar o sufraxio dos residentes ausentes e das persoas emigradas recentemente. A demagoxia do voto exterior
PP e PSOE votan xuntos en Santiago para desprazar o alcalde da presidencia das empresas municipais nun acordo que, previsiblemente, quedará sen efecto real. Recólleo a edición local de La Voz
Hoxe, 9 de decembro, é o Día Internacional contra a Corrupción
A oposición venezolana acadou finalmente os 112 escanos que necesitaba para facerse cunha maioría cualificada na Asemblea Nacional. Esta maioría de dous terzos permitiralle promulgar leis orgánicas, reformar a Constitución ou propoñer, dentro dun ano, un referendo revogatorio para Nicolás Maduro. Maduro pide a renuncia do seu Goberno e chama ao PSUV a facer autocrítica.
InfoLibre destaca que PP e PSOE ocultan que bancos financian a súa campaña electoral