Hoxe, 9 de decembro, é o Día Internacional contra a Corrupción
Fálase
A oposición venezolana acadou finalmente os 112 escanos que necesitaba para facerse cunha maioría cualificada na Asemblea Nacional. Esta maioría de dous terzos permitiralle promulgar leis orgánicas, reformar a Constitución ou propoñer, dentro dun ano, un referendo revogatorio para Nicolás Maduro. Maduro pide a renuncia do seu Goberno e chama ao PSUV a facer autocrítica.
InfoLibre destaca que PP e PSOE ocultan que bancos financian a súa campaña electoral
O PSOE centrou en Podemos os seus ataques na xornada de onte, posterior ao debate de Atresmedia. Tanto Pedro Sánchez como Felipe González criticaron ao longo do día á formación liderada por Pablo Iglesias
Ciudadanos quere acabar coas penas específicas por violencia de xénero, destaca eldiario.es na súa portada. O partido de Albert Rivera propón reformar a lei para rematar "coa asimetría penal por cuestión de sexo" e mesmo pide mudar a propia definición de violencia de xénero.
A Comisión Europea pon en dúbida a viabilidad do AVE, sinalando que "hai riscos significativos de que as novas liñas non xeren suficientes ingresos para cubrir os custes". Critica tamén o modelo concesional, utilizado na AP9 ou no novo hospital de Vigo, onde Estado e empresas privadas "reparten asimetricamente o risco"
Este mércores conmemórase o 90 aniversario do falecemento de Pablo Iglesias Posse, que será homenaxeado en Madrid. Precisamente, Podemos dedícalle ao cofundador de PSOE e UGT o seu último vídeo electoral
Vicenç Navarro dedícalle un artigo á proposta de contrato único de Ciudadanos, do que sinala que "significa facilitar o despedimento do traballador para aumentar a flexibilidade", criticando que non inclúa elementos de maior "seguridade" que si existen en Dinamarca, de onde recolle o partido laranxa a súa proposta.
O debate da pasada noite sumou máis de 2,5 millóns de tuits, converténdose en trending topic mundial en Twitter
Está rematando o mitin ofrecido por Pedro Sánchez na Coruña, no que tamén interveu Pilar Cancela e José Ramón Gómez Besteiro. Toda a información, esta tarde en Praza