Está rematando o mitin ofrecido por Pedro Sánchez na Coruña, no que tamén interveu Pilar Cancela e José Ramón Gómez Besteiro. Toda a información, esta tarde en Praza
Fálase
O PP lanza un convertedor de indecisos con nove argumentos sobre os motivos que conducen a xente a non votalos. Un dos motivos suxeridos é o propio Mariano Rajoy.
O debate da pasada noite foi seguido por unha media de 9,2 millóns de persoas (un 48,2% de share), converténdose na emisión televisiva máis vista de todo o 2015. Mesmo os dous programas de análise, que comezaron unha vez rematado o duelo, sumaron unha audiencia superior aos catro millóns de espectadores e un 40% de share. En Galicia a audiencia do debate foi do 52,8%, a terceira máis alta despois de Madrid e Castela-León.
Os últimos datos oficiais do reconto electoral en Venezuela danlle 107 deputados á oposición e 55 ao chavismo, con dous deputados máis por asignar. Con 112 escanos a Mesa de la Unidad Democrática dominaría os dous terzos da cámara, o que lle permitiría iniciar cambios na Constitución. O analista Roberto Mansilla destacaba onte nunha entrevista a falta de liderado de Maduro como un dos factores da derrota do PSUV.
Nas enquisas online realizadas na maioría dos medios, Pablo Iglesias aparece como o claro gañador do debate electoral da pasada noite: El Diario (63%), El Mundo (43%), ABC (49%), El Español (51%), La Vanguardia (55%), La Voz de Galicia (65%)... Na maior parte destas votacións, Soraya Saenz de Santamaría e Albert Rivera compiten polo segundo posto e Pedro Sánchez aparece como o gran derrotado.
O PP comunica que Rajoy verá pola tele e dende Doñana o debate ao que rexeitou asistir, que esta noite emiten os medios do grupo Atresmedia con Pedro Sánchez (PSOE), Pablo Iglesias (Podemos) e Albert Rivera (Ciudadanos), con Soraya Sáenz de Santamaría substituíndo o candidato popular.
"Rajoy si ten algo en contra das baleas", destaca unha reportaxe de Manuel Ansede en El País, na que dá conta das críticas de grupos ecoloxistas ao spot difundido hoxe polo PP. Greenpeace lembra que hai tan só dous meses os populares rexeitaron no Senado unha proposta para crear un santuario de protección a estes cetáceos en Canarias.
Manuel Martínez é elixido vicepresidente de Suplusa, a sociedade urbanística da Deputación de Lugo. El Progreso recolle a elección do alcalde de Becerreá, que contou cos votos de PP e PSOE.
O PP lanza un vídeo de campaña para amosar que "tamén os hipsters" votan por Rajoy
A opositora Mesa de la Unidad Democrática gaña por maioría absoluta as eleccións á Asemblea Nacional de Venezuela. Pódese consultar o escrutinio nesta ligazón