Os últimos datos oficiais do reconto electoral en Venezuela danlle 107 deputados á oposición e 55 ao chavismo, con dous deputados máis por asignar. Con 112 escanos a Mesa de la Unidad Democrática dominaría os dous terzos da cámara, o que lle permitiría iniciar cambios na Constitución. O analista Roberto Mansilla destacaba onte nunha entrevista a falta de liderado de Maduro como un dos factores da derrota do PSUV.
Fálase
Nas enquisas online realizadas na maioría dos medios, Pablo Iglesias aparece como o claro gañador do debate electoral da pasada noite: El Diario (63%), El Mundo (43%), ABC (49%), El Español (51%), La Vanguardia (55%), La Voz de Galicia (65%)... Na maior parte destas votacións, Soraya Saenz de Santamaría e Albert Rivera compiten polo segundo posto e Pedro Sánchez aparece como o gran derrotado.
O PP comunica que Rajoy verá pola tele e dende Doñana o debate ao que rexeitou asistir, que esta noite emiten os medios do grupo Atresmedia con Pedro Sánchez (PSOE), Pablo Iglesias (Podemos) e Albert Rivera (Ciudadanos), con Soraya Sáenz de Santamaría substituíndo o candidato popular.
"Rajoy si ten algo en contra das baleas", destaca unha reportaxe de Manuel Ansede en El País, na que dá conta das críticas de grupos ecoloxistas ao spot difundido hoxe polo PP. Greenpeace lembra que hai tan só dous meses os populares rexeitaron no Senado unha proposta para crear un santuario de protección a estes cetáceos en Canarias.
Manuel Martínez é elixido vicepresidente de Suplusa, a sociedade urbanística da Deputación de Lugo. El Progreso recolle a elección do alcalde de Becerreá, que contou cos votos de PP e PSOE.
O PP lanza un vídeo de campaña para amosar que "tamén os hipsters" votan por Rajoy
A opositora Mesa de la Unidad Democrática gaña por maioría absoluta as eleccións á Asemblea Nacional de Venezuela. Pódese consultar o escrutinio nesta ligazón
#20D O semanario Sermos Galiza organiza este luns un debate electoral en Santiago que poderá ser seguido tamén en streaming a través da súa web. Está confirmada a asistencia de candidatas de PSdeG, NÓS e En Marea, mentres que o PP non ratificou a súa asistencia e Ciudadanos declinouna tras anunciar que participaría.
A vitoria da ultradereita na primeira volta das rexionais francesas prende as alarmas no país. O xornal Libération advirte de que este resultado "achega" a Le Pen á presidencia e chama á unidade republicana na segunda volta.
As primeiras proxeccións indican que o partido ultradereitista de Le Pen é o máis votado nas eleccións rexionais francesas.