"Rajoy si ten algo en contra das baleas", destaca unha reportaxe de Manuel Ansede en El País, na que dá conta das críticas de grupos ecoloxistas ao spot difundido hoxe polo PP. Greenpeace lembra que hai tan só dous meses os populares rexeitaron no Senado unha proposta para crear un santuario de protección a estes cetáceos en Canarias.
Fálase
Manuel Martínez é elixido vicepresidente de Suplusa, a sociedade urbanística da Deputación de Lugo. El Progreso recolle a elección do alcalde de Becerreá, que contou cos votos de PP e PSOE.
O PP lanza un vídeo de campaña para amosar que "tamén os hipsters" votan por Rajoy
A opositora Mesa de la Unidad Democrática gaña por maioría absoluta as eleccións á Asemblea Nacional de Venezuela. Pódese consultar o escrutinio nesta ligazón
#20D O semanario Sermos Galiza organiza este luns un debate electoral en Santiago que poderá ser seguido tamén en streaming a través da súa web. Está confirmada a asistencia de candidatas de PSdeG, NÓS e En Marea, mentres que o PP non ratificou a súa asistencia e Ciudadanos declinouna tras anunciar que participaría.
A vitoria da ultradereita na primeira volta das rexionais francesas prende as alarmas no país. O xornal Libération advirte de que este resultado "achega" a Le Pen á presidencia e chama á unidade republicana na segunda volta.
As primeiras proxeccións indican que o partido ultradereitista de Le Pen é o máis votado nas eleccións rexionais francesas.
Feijóo insta a defender a Constitución de 1978 como a "Constitución de 2015" porque "nos permitiu afrontar os cambios políticos destes 37 anos" e serviu como "paraugas baixo o que acoller calquera tipo de plantexamento ideolóxico".
Membros de NÓS-Candidatura Galega forman un mosaico na praia de Riazor da Coruña polo "dereito a decidir e a soberanía para Galiza fronte á Constitución". (Imaxe: BNG)
#20D AXENDA DE CAMPAÑA. 6 de decembro
- PP: Feijóo acude aos actos da Constitución en Madrid e fai campaña en Andalucía
- PSdeG: Besteiro visita a feira de Paiosaco, na Laracha, con candidatos do PSdeG da Coruña.
- NÓS: O candidato pola Coruña, Carlos Callón, participa nun acto baixo o título Fronte á Constitución, dereito a decidir.
- En Marea: Xosé Manuel Beiras participa nun "acto en rede" con Mónica Oltra desde Valencia, Victoria Rosell desde Las Palmas e Pablo Iglesias desde Madrid.