PSdeG, AGE e BNG abandonan a comisión de Sanidade para protestar polo veto do PP á comparecencia da conselleira, Rocío Mosquera, sobre o ascenso do seu marido no hospital de Santiago, anulado polo TSXG.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/52f4b631e918b-bf3c99lceaaggtm.jpg)
PSdeG, AGE e BNG abandonan a comisión de Sanidade para protestar polo veto do PP á comparecencia da conselleira, Rocío Mosquera, sobre o ascenso do seu marido no hospital de Santiago, anulado polo TSXG.
A Plataforma Salvemos Cabana propón crear unha Reserva da Biosfera no río Anllóns, comezando por catalogar este esteiro fluvial como Reserva Natural Protexida.
O doodle de Google de hoxe amosa o seu apoio á comunidade LGBT en Rusia e os deportistas homosexuais con motivo dos polémicos Xogos Olímpicos de Sochi. Na propia competición Alemaña protestou contra a persecución que sofren os gais en Rusia cun uniforme coas cores do arco da vella, e tamén Canada difundiu un vídeo alusivo.
O xornal portugués Público analiza a posibilidade de que a selección española de fútbol xogue en Bilbao no caso de que a Eurocopa de 2020 se celebre no Estado español. O equipo non protagoniza un partido en Euskadi dende 1967.
A de hoxe é unha nova xornada de temporal en Galicia, con alerta amarela en terra e laranxa no mar. Con todo, a Consellería de Educación deixa nas mans dos centros a decisións de suspender ou non as clases.
Interior usou material antidisturbios contra o grupo de inmigrantes que tentaban entrar en Ceuta, episodio no que morreron, cando menos, once persoas. En El Diario.
Unha delegación de Pemex visita este venres Ferrol e Vigo para formalizar os contratos dos floteis con Navantia e Barreras. Feijóo preside a "recepción" aos directivos no Concello ferrolán e o "o acto de corte de chapa" no estaleiro vigués, segundo informa a Xunta.
Varias testemuñas denuncian que a Garda Civil disparou pelotas de goma contra o grupo de persoas migrantes que esta mañá nadaban buscando chegar á costa de Ceuta. Hai, cando menos, once mortos.
O Formato de Documento Aberto (ODF), a piques de converterse en obrigatorio no Reino Unido. O Goberno propono como estándar para todos os seus documentos electrónicos editables, non só nos postos a disposición da cidadanía, senón tamén naqueles de uso interno
O BNG da Coruña "aconséllalles ás 109.813 persoas desempregadas da provincia e ás 23.736 da cidade" que "desistan de acudir aos servizos de colocación" e "se poñan en contacto de inmediato con Diego Calvo e Julio Flores" para que "lles busquen traballo". Xosé Manuel Carril fai esta apelación despois de que ambos "xustificasen o seu labor de intermediación laboral na Pokémon".