A de hoxe é unha nova xornada de temporal en Galicia, con alerta amarela en terra e laranxa no mar. Con todo, a Consellería de Educación deixa nas mans dos centros a decisións de suspender ou non as clases.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/52f487507cd18-avisoshoxe2.jpg)
A de hoxe é unha nova xornada de temporal en Galicia, con alerta amarela en terra e laranxa no mar. Con todo, a Consellería de Educación deixa nas mans dos centros a decisións de suspender ou non as clases.
Interior usou material antidisturbios contra o grupo de inmigrantes que tentaban entrar en Ceuta, episodio no que morreron, cando menos, once persoas. En El Diario.
Unha delegación de Pemex visita este venres Ferrol e Vigo para formalizar os contratos dos floteis con Navantia e Barreras. Feijóo preside a "recepción" aos directivos no Concello ferrolán e o "o acto de corte de chapa" no estaleiro vigués, segundo informa a Xunta.
Varias testemuñas denuncian que a Garda Civil disparou pelotas de goma contra o grupo de persoas migrantes que esta mañá nadaban buscando chegar á costa de Ceuta. Hai, cando menos, once mortos.
O Formato de Documento Aberto (ODF), a piques de converterse en obrigatorio no Reino Unido. O Goberno propono como estándar para todos os seus documentos electrónicos editables, non só nos postos a disposición da cidadanía, senón tamén naqueles de uso interno
O BNG da Coruña "aconséllalles ás 109.813 persoas desempregadas da provincia e ás 23.736 da cidade" que "desistan de acudir aos servizos de colocación" e "se poñan en contacto de inmediato con Diego Calvo e Julio Flores" para que "lles busquen traballo". Xosé Manuel Carril fai esta apelación despois de que ambos "xustificasen o seu labor de intermediación laboral na Pokémon".
O Consello da Cultura Galega presenta a edición 2013 do seu Anuario. Destaca que "a caída de investimento público en cultura foi notablemente acusado, pero no que ao mesmo tempo sobrancearon numerosas pequenas iniciativas culturais, que revelan as capacidades da cultura para buscar ocos no medio dun contexto difícil".
A velocidade media de Internet creceu un 42% no último ano en España e sitúase nos 6,9 Mbps, aínda lonxe de Reino Unido ou Alemaña, pero por riba de Italia ou Francia.
O tráfico de Internet nos móbiles superará en 2014 ao que se realiza a través dos ordenadores, segundo Comscore. Jonny Kaldor (CEO da empresa de software homónima) sinala en The Guardian que os medios de comunicación non están enfrontando como deberían este cambio nas tendencias de consumo.
O adestrador do Deportivo da Coruña, Fernando Vázquez súmase á campaña Gústame o galego que promove a CTNL. A iniciativa conta tamén co apoio do Celta de Vigo.