O tráfico de Internet nos móbiles superará en 2014 ao que se realiza a través dos ordenadores, segundo Comscore. Jonny Kaldor (CEO da empresa de software homónima) sinala en The Guardian que os medios de comunicación non están enfrontando como deberían este cambio nas tendencias de consumo.
Fálase
O adestrador do Deportivo da Coruña, Fernando Vázquez súmase á campaña Gústame o galego que promove a CTNL. A iniciativa conta tamén co apoio do Celta de Vigo.
Oito inmigrantes morren ao intentar chegar a Ceuta a nado. A cifra de falecidos podería aumentar nas vindeiras horas.
#consellodaxunta A Xunta coloca 500 millóns de euros de débeda con, segundo Feijóo "o tipo de xuro máis baixo da historia da débeda pública", o 1,89%. Dende 2009 os xuros da débeda do Goberno galego disparáronse un 138%
Xaneiro foi o mes con máis días de chuvia en Galicia dende que hai rexistros, segundo datos recompilados pola Xunta.
Suíza votará este domingo en referendo unha proposta para limitar o número de traballadores extranxeiros no país, e que afectaría directamente os 38 mil galegos e galegas residentes.
A Policía quere manter a prensa lonxe da infanta Cristina na súa chegada aos xulgados de Palma o vindeiro sábado, onde declarará no marco do caso Nóos. Cóntao El País.
Unha web interactiva recolle os casos de presunta corrupción e enriquecemento ao abeiro dos xogos olímpicos de inverno na cidade rusa de Sochi
O xornal portugués Público analiza como, tamén no país veciño, a emigración inflúe de xeito determinante na redución das cifras oficiais de desemprego.
Un novo recorte de primas á produción eléctrica agrava a crisis financeira de Sogama, que admite "un escenario negativo" e "preocupante" e terá que revisar o seu plan de viabilidade.