Un novo recorte de primas á produción eléctrica agrava a crisis financeira de Sogama, que admite "un escenario negativo" e "preocupante" e terá que revisar o seu plan de viabilidade.
Fálase
El Diario bota a andar o blog Micromachismos, que vai "denunciar os machismos cotiáns e tantas veces normalizados".
El Diario bota a andar o blog Micromachismos, que vai recoller
Un informe a favor dos dereitos dos homosexuais divide o PP no Parlamento europeo. 10 dos 24 europarlamentarios populares votaron a favor; 4 en contra, entre eles Mayor Oreja e Vidal-Quadras; 2 abstivéronse, e os outros 8 non votaron
Un Concello gaditano nomea unha Virxe alcaldesa perpetua e o alcalde, do PP, aproveita para lembrar que a talla foi queimada durante a II República.
A parte fixa do recibo da luz duplicouse nun ano e penaliza o aforro. Cóntao El Diario
O FROB só recuperará 728 millóns de euros dos máis de 9.000 que inxectou en Novagalicia Banco. En Faro de Vigo
Un empregado de Bankia, condenado a un ano de cárcere pola Audiencia de Pontevedra por enganar unha clienta anciá. Cóntao El País.
Dúas obras galegas entran na lista de honra do IBBY. Palabras de auga, de Marcos Calveiro (Xerais), foi seleccionada na modalidade de escritores; e a versión en galego que fixo para Kalandraka Carlos Acevedo dos Contos por teléfono de Gianni Rodari foi seleccionada no apartado de traducións.
O FROB recoñece que vender Novagalicia supón "unha perda apreciable" de fondos públicos, pero asegura que era a "única alternativa".