Dúas obras galegas entran na lista de honra do IBBY. Palabras de auga, de Marcos Calveiro (Xerais), foi seleccionada na modalidade de escritores; e a versión en galego que fixo para Kalandraka Carlos Acevedo dos Contos por teléfono de Gianni Rodari foi seleccionada no apartado de traducións.
Fálase
O FROB recoñece que vender Novagalicia supón "unha perda apreciable" de fondos públicos, pero asegura que era a "única alternativa".
Google censura o perfil da revista feminista Pikara Magazine na súa rede social Google Plus. A compañía atribúelle á publicación contidos "pornográficos".
Enxeñería Sen Fronteiras Galicia e a Coordinadora Galega de ONGD presentáronlle á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) as súas propostas ao Plan Galego de Inclusión Dixital
O PP gañaría as eleccións xerais se se celebrasen agora, segundo o barómetro do CIS, aínda que obtería só o 32,1% dos votos (doce puntos menos que en 2011), fronte ao 26,6% do PSOE (dous puntos menos), o 11,3% de IU e o 9,2% de UPyD. Rajoy obtén unha valoración de 2,2 puntos sobre dez, e entre os ministros só Arias Cañete supera o 3. A corrupción segue crecendo entre as preocupacións dos cidadáns e xa é a primeira para catro de cada dez.
A Alianza Social Galega convocará mobilizacións nos últimos días de febreiro Por outra saída da crise. Os secretarios xerais do S.N. de CC.OO, CIG e UGT-Galicia explicarán este xoves en rolda de prensa os detalles.
O investigador galego Roi Villar vén de lanzar iLoveScience, unha plataforma en liña que permite aos cidadáns colaborar distintas investigacións en marcha facendo doazóns con aqueles proxectos cos que sintan máis sintonía.
PNV e CiU pechan a coalición para as europeas, á que se incorporarán CxG e Coalición Canaria. Convergència liderará a candidatura, seguida do PNV e de Unió.
O Festival do Castro, de Pantón, lanza o seu segundo concurso de deseño para ilustrar a camisola da edición 2014 deste evento. As bases xa están dispoñibles na súa web.
O edil de Deportes de Santiago asegura que se "sacou de contexto" a súa petición de que unha das empresas da Pokémon despedise unha traballadora pola súa vinculación coa CIG. A información do caso, en Praza.