O investigador galego Roi Villar vén de lanzar iLoveScience, unha plataforma en liña que permite aos cidadáns colaborar distintas investigacións en marcha facendo doazóns con aqueles proxectos cos que sintan máis sintonía.
Fálase
PNV e CiU pechan a coalición para as europeas, á que se incorporarán CxG e Coalición Canaria. Convergència liderará a candidatura, seguida do PNV e de Unió.
O Festival do Castro, de Pantón, lanza o seu segundo concurso de deseño para ilustrar a camisola da edición 2014 deste evento. As bases xa están dispoñibles na súa web.
O edil de Deportes de Santiago asegura que se "sacou de contexto" a súa petición de que unha das empresas da Pokémon despedise unha traballadora pola súa vinculación coa CIG. A información do caso, en Praza.
O Ministerio de Industria asegura que incrementa o recibo da luz para "axudar as familias con fillos". En El País.
A Xunta disponse a reformar o Dereito Civil galego para que a separación de bens sexa a opción por defecto nas vodas. Cóntao Faro de Vigo
Case todo o novo treito da autovía transcantábrica impide circular a 120 quilómetros por hora.
Os tres principais sindicatos mobilízanse contra a condena de tres anos de cadea a dous traballadores tras participar nun piquete en 2008. CIG, UGT e CCOO manifestaranse o vindeiro domingo e seguirán coa campaña a favor do indulto.
Televisión Española atribúelle á Casa Real a consecución dos floteis de Pemex para estaleiros galegos. Fíxoo no minuto 4:26 da última edición de Audiencia abierta, o espazo que a canle estatal lle dedica á monarquía.
O Exército mantén un vertedoiro de explosivos mergullado a 21 millas da costa de Ferrol. O F-130 contén munición convencional, pero o Convenio sobre a protección do medio mariño do Atlántico Nordeste (Convenio OSPAR) afirma non ter datos sobre o seu contido exacto, que podería supor riscos para mariñeiros e traballos de dragado e prexuízos para o medio ambiente.