Case todo o novo treito da autovía transcantábrica impide circular a 120 quilómetros por hora.
Fálase
Os tres principais sindicatos mobilízanse contra a condena de tres anos de cadea a dous traballadores tras participar nun piquete en 2008. CIG, UGT e CCOO manifestaranse o vindeiro domingo e seguirán coa campaña a favor do indulto.
Televisión Española atribúelle á Casa Real a consecución dos floteis de Pemex para estaleiros galegos. Fíxoo no minuto 4:26 da última edición de Audiencia abierta, o espazo que a canle estatal lle dedica á monarquía.
O Exército mantén un vertedoiro de explosivos mergullado a 21 millas da costa de Ferrol. O F-130 contén munición convencional, pero o Convenio sobre a protección do medio mariño do Atlántico Nordeste (Convenio OSPAR) afirma non ter datos sobre o seu contido exacto, que podería supor riscos para mariñeiros e traballos de dragado e prexuízos para o medio ambiente.
Un buque a piques de naufragar a 50 millas da costa da Coruña, segundo informa a Radio Galega. O Pesca 2 e o Sar Gavia diríxense á zona do barco, onde hai ventos de 125 km/h.
Satya Nadella é o novo CEO de Microsoft, en substitución de Steve Ballmer. Nado na India hai 46 anos, será o terceiro dirixente da compañía e o primeiro non fundador.
Berrogüetto anuncia a súa disolución. Asegura que deixa os escenarios logo de 18 anos e que o fará cunha xira de despedida.
Nome, unha serie documental que Abraham Caride está a publicar na rede, analiza a historia e a importancia do graffiti na cidade de Ourense.
O Ministerio de Industria duplicou en seis meses o custe da parte fixa da factura da luz, a que se paga pola potencia contratada. Incrementouse un 92% dende xullo.
A Mesquita de Córdoba será propiedade "eterna" da Igrexa Católica en 2016 se antes desa data as administracións non reclaman a titularidade pública do monumento. En 2006 o Bispado inscribiuna ao seu nombre no Rexistro da Propiedade valéndose da Lei Hipotecaria de 1947.